A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He
 IBD

A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875819
Materia
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-8487-581-9
Páginas:
256
Idioma:
CASTELLANO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

17,95 €

Despues:

17,05 €
IVA incluido
Comprar

A cuestión política na persoa e no pensamento
de Martin Heidegger
Autor: Xesús Vázquez Méndez
Se un escoita a testemuña de moitos dos estudosos que tiveron algún contacto con Heidegger, que presenciaron as súas leccións universitarias ou asistiron ás súas conferencias ou seminarios, é fácil quedarse coa impresión de que estiveron en presenza dun auténtico oráculo filosófico. Mais, o brillante futuro que parecía abrírselle a esta filosofía, rapidamente se escureceu ao caer sobre ela a sombra do nazismo. Pero é sobre todo despois da publicación dos Cadernos negros que, como sinala o seu editor Peter Trawny, o nome de Heidegger vai inevitablemente unido a un caso de disputa para todo o que queira adentrarse no seu pensamento. Parece, entón, que unha visión integral da súa filosofía non pode eludir esta cuestión, por moito que exista un inxente número de intérpretes que consideran o nexo pensamento-política en Heidegger infundado ou baseado en malentendidos.

Neste ensaio abórdase esta polémica co obxectivo de proporcionarlle unha resposta ou, cando menos, aportar sobre ela unha perspectiva filosófica que afecta ao corazón mesmo do pensamento heideggeriano. Basicamente, despois dunha breve referencia a certos feitos históricos, o traballo divídese en tres partes: coméntanse algúns textos heideggerianos ineludibles de contido político, preséntase o debate filosófico sobre o asunto Heidegger desde a selección duns poucos autores significativos e, por último, o autor ofrece unha visión da conexión entre filosofía e política en Heidegger que explicaría o seu compromiso ideolóxico co nacionalsocialismo.

Otros libros del autor en Sernel

Materia en Sernel

Laiovento (ibd) en Sernel

  • E CAÍN
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    E CAÍN
    PACO SOUTO
    Laiovento (ibd)
    Hai 30 anos xa que dei o meu primeiro recital individual na cidade de A Coruña. Este e Caín debe ser poi...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    9,99 €9,49 €

  • Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galeg
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galeg
    Carlos L. Bernárdez e X.R. Mariño Ferr
    Laiovento (ibd)
    Bestiario en pedra. Animais fabulosos da arte medieval galega pretende  recuperar unha parte esquecida do noso ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €28,45 €

  • O CABALEIRO DA ROSA
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O CABALEIRO DA ROSA
    Wladimir Dragossán
    Laiovento (ibd)
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €9,50 €

  • OUTRAMENTE
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    OUTRAMENTE
    MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
    Laiovento (ibd)
    Título: OUTRAMENTEAutora: MARÍA PILAR GARCÍA NEGROXornal de Galicia tivo o privilexio de contar entre as sú...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,00 €12,35 €

  • A LOLA
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A LOLA
    Manuel Ayán
    Laiovento (ibd)
    A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.O relato xog...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €9,50 €