Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en Sernel

  • ¡Maldito D.N.I.!
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    ¡Maldito D.N.I.!
    Carballude Blanco, Xosé
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,80 €9,31 €

  • O gran Meaulnes -5%
    Titulo del libro
    O gran Meaulnes
    Alain-Fournier, Henri
    Xerais
    No disponible

    8,65 €8,22 €

  • As cantigas de escarnio -5%
    Titulo del libro
    As cantigas de escarnio
    Lanciani, Giulia;Tavani, Giuseppe
    Xerais
    A cantiga de escarnio supón un achegamento profundo e orixinal a un dos xéneros clásicos nos estudios galaic...
    No disponible

    23,00 €21,85 €

  • Ofrenda á tormenta -5%
    Titulo del libro
    Ofrenda á tormenta
    Redondo Meira, Dolores
    Xerais
    Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de nov...
    No disponible

    23,70 €22,52 €

  • O marabilloso mago de Oz -5%
    Titulo del libro
    O marabilloso mago de Oz
    Baum, L. Frank
    Xerais
    No disponible

    9,80 €9,31 €