Diccionario de uso para a comunicación

Diccionario de uso para a comunicación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024188
ISBN:
978-84-8302-418-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

23,35 €

Despues:

22,18 €
IVA incluido

Aínda que se define como diccionario de uso, ben pode cumpri-los cometidos dun diccionario de sinónimos ou mesmo dun ideolóxico. A razón de que prevaleza a denominación de uso é debida á intención de proporcionar toda a información que se considere oportuna para o correcto emprego das nosas voces, recorrendo á etimoloxía cando é preciso ou resulta ilustrativo, e disipando aquelas dúbidas que son habituais aínda fóra do ámbito da comunicación.O Diccionario de uso para a comunicación está estructurado en tres partes de dimensións desiguais: a primeira, breve en extensión, dedicada a algunhas dúbidas  e erros consolidados, trata de aclarar certas dúbidas referidas ó significante da palabra (plano da expresión), indicando cal é a súa forma correcta, como referidas ó significado (plano do contido), ou a problemas de carácter morfosintáctico; a segunda ós termos complementarios, parónimos, homónimos e cohipónimos; e a terceira, a máis longa, destinada ó estudio de familias léxicas, familias nocionais ou mesmo semánticas reúne series de termos cun contido semántico próximo. Cada serie vai encabezada por unha especie de palabra clave, que é a que figura como entrada, e o autor explica dunha maneira precisa o significado de cada un destes termos, de maneira que quede perfectamente clara a diferencia de significado existente entre eles.Estamos diante dun traballo cunha finalidade eminentemente práctica, destinado prioritariamente a resolve-las dúbidas máis frecuentes coas que se atopan os traballadores dos medios  de comunicación no desenvolvemento do seu labor, pero ó mesmo tempo non exento en moitos ca-sos dunha fonda erudición lingüística, que leva ó autor a introducir explicacións que facilitan a comprensión da decisión adoptada.Este traballo é un instrumento valioso para a mellora do nivel lingüístico nos medios de comunicación, na dobre vertente do signo lingüístico: na utilización das formas galegas correctas; e, polo outro, na precisión conceptual dos contidos.

Xerais en Sernel

  • ¡A pasalo ben coas matemáticas! -5%
    Titulo del libro
    ¡A pasalo ben coas matemáticas!
    Corbacho Martínez, Xesús
    Xerais
    No disponible

    13,25 €12,59 €

  • Documentalismo Fotográfico Contemporáneo -5%
    Titulo del libro
    Documentalismo Fotográfico Contemporáneo
    Ledo Andión, Margarita
    Xerais
    Houbo un tempo, o tempo da linguaxe universal, en que a foto se presentaba como o rexistroda verdade a secas. D...
    No disponible

    20,50 €19,48 €

  • A Galicia emprendedora -5%
    Titulo del libro
    A Galicia emprendedora
    Pérez Touriño, Emilio
    Xerais
    Os desafíos de Galicia nun mundo complexo e globalizado constitúen o eixo de reflexión de Emilio Pérez Tour...
    No disponible

    12,15 €11,54 €

  • Azos de esguello -5%
    Titulo del libro
    Azos de esguello
    Ruibal, Euloxio R.
    Xerais
    No disponible

    6,45 €6,13 €

  • Feitizo -5%
    Titulo del libro
    Feitizo
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Marta ten unha nai bruxa. Si, bruxa, bruxa das de verdade, que xa se sabe que ninguén cre nelas, pero que habe...
    No disponible

    10,50 €9,98 €