Galicia

Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024881
ISBN:
978-84-8302-488-1
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

53,90 €

Despues:

51,21 €
IVA incluido

Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia.Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de  Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo.Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de  Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares.  Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país.Cento doce anos despois da súa aparición, no ano en que Manuel Murguía é homenaxeado por toda a sociedade galega no Día das Letras Galegas, este libro segue sendo de interese sobranceiro para quen queira achegarse a comprender intimamente a complexidade da identidade  do ser de Galicia.

Otros libros del autor en Sernel

Xerais en Sernel

  • Nogard -5%
    Titulo del libro
    Nogard
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    «Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia co...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Chamábase Luís -5%
    Titulo del libro
    Chamábase Luís
    Mayoral, Marina
    Xerais
    No disponible

    9,40 €8,93 €

  • Birimbao -5%
    Titulo del libro
    Birimbao
    Ferreiro, Celso Emilio
    Xerais
    A aparición de " Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) " supón un  verdadeiro acontecemento literario. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,95 €20,85 €

  • SANDALIAS VERDES, ZAPATOS AZUIS E CANS NEGROS -5%
    Titulo del libro
    SANDALIAS VERDES, ZAPATOS AZUIS E CANS NEGROS
    G.Rego, Pilar
    Xerais
    Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cica...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €13,78 €

  • Na fogueira dos versos -5%
    Titulo del libro
    Na fogueira dos versos
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de  lectores, que destacou a pureza e a sin...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €9,98 €