O frade das dúas almas

O frade das dúas almas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652109
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-210-9
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

Descuento:

-5%

Antes:

19,00 €

Despues:

18,05 €
IVA incluido

Recuperación dunha das novelas que ía publicar a Editorial Nós de Anxel Casal, e finalmente quedou inédita debido á Guerra Civil.A novela O frade das dúas almas, que publica Editorial Galaxia na colección Letras Galegas, ía ser editada por Anxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República. Pódese dicir, collendo emprestadas as verbas de Manuel Rivas, que a novela de Xosé Tobío Mayo é, daquela, un dos libros que "ardeu mal". Despois de 73 anos, e grazas á iniciativa do poeta Víctor Campio Pereira, testamentario literario do autor, a novela ve a luz nunha coidada edición a cargo de Teresa López e Xoán López Viñas, profesores  da Universidade da Coruña.Xosé Tobío Mayo é, na historia da literatura galega, o autor de Espiñas (1941), poemario publicado en Buenos Aires con cuberta de Castelao. A parte da súa personalidade literaria, hai que destacar en Xosé Tobío Mayo o compromiso social e político e unha traxectoria persoal que, máis aló do testemuño individual, representa a de moitos homes e mulleres da súa xeración, en certo sentido aínda pendente de ser integrada na nosa memoria colectiva.En 1936, cando O frade das dúas almas está pronta para a publicación, o seu autor ten 45 anos, trátase logo dunha obra de madureza. A novela xéstase na Galiza dos anos trinta, na Galiza de Anxel Casal, en cuxa editorial Nós estaba previsto que fose publicada.  Trátase dunha novela de iniciación ou aprendizaxe na que se narra a infancia do protagonista, Leliño, e dos seus compañeiros de estudos, Mingos e Manuel. As probas a que son sometidos, a súa iniciación amorosa, a crise vital que se manifesta como crise de fe, son algúns dos fitos desa aprendizaxe. Na novela ten unha importancia especial a cultura popular, das cantigas á literatura oral, e elementos doutros xéneros que contribúen á diversificación do seu discurso narrativo.

Materia en Sernel

  • Peter Pan -5%
    Titulo del libro
    Peter Pan
    Barrie, J.M.
    Pluton ediciones
    Obra del autor británico James M. Barrie, Peter Pan fue escrita originalmente para el teatro y fue representad...
    No disponible

    10,95 €10,40 €

  • áContrasombras -5%
    Titulo del libro
    áContrasombras
    Nº 348
    Fraile, Medardo
    Pre-textos
    El título de este libro, Contrasombras, puede rastrearse ya en algunos  títulos de Medardo Fraile, Cuentos co...
    No disponible

    9,00 €8,55 €

  • DESCUBRO MI MUNDO -5%
    Titulo del libro
    DESCUBRO MI MUNDO
    Nº 4
    BARSOTTI, ELEONORA
    Estudio didactico
    No disponible

    5,95 €5,65 €

  • Carta breve para un largo adiós
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    Carta breve para un largo adiós
    Nº 826
    Handke, Peter
    Alianza editorial
    Peter Handke (1942) es uno de los escritores actuales más importantes,  polémicos y populares en lengua alema...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,20 €8,74 €

  • LAS OCHO VIDAS DE UNA CENTENARIA SIN NOMBRE -5%
    Titulo del libro
    LAS OCHO VIDAS DE UNA CENTENARIA SIN NOMBRE
    MIRINAE LEE
    Salamandra
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 16-10-2025

    22,00 €20,90 €

Galaxia en Sernel

  • Leccións de dramaturxia -5%
    Titulo del libro
    Leccións de dramaturxia
    Cardullo, Bert
    Galaxia
    Malia experimentar un considerable desenvolvemento durante o século XX, a figura do dramaturxista aínda hoxe ...
    No disponible

    27,75 €26,36 €

  • Amiga lúa, amigo mar -5%
    Titulo del libro
    Amiga lúa, amigo mar
    Nº 254
    Castro, Claudia
    Galaxia
    Amiga lúa, amigo mar, son poemas tecidos a partir doutros versos, que nos fan vogar por augas salgadas ao abei...
    No disponible

    12,20 €11,59 €

  • O SOÑO DA SERPE -5%
    Titulo del libro
    O SOÑO DA SERPE
    Nº 110
    Seijas, Antonio
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,10 €14,35 €

  • PARLADOIRO -5%
    Titulo del libro
    PARLADOIRO
    Nº 10
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,00 €20,90 €

  • Amar/Azar -5%
    Titulo del libro
    Amar/Azar
    Nº 12
    Fraiz, Javier
    Galaxia
    O que por lóxica debería suceder talvez non aconteza. O que semella improbable pode pasar. O azar é coma un ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,20 €16,34 €