O libro negro da lingua galega

O libro negro da lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411101196
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-11-10119-6
Páginas:
768
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

Descuento:

-5%

Antes:

27,90 €

Despues:

26,51 €
IVA incluido
Comprar

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que  perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo  de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro  para a lingua que nos une.

Otros libros del autor en Sernel

Materia en Sernel

Xerais en Sernel

  • Recambio dietario Xerais 2018 -5%
    Titulo del libro
    Recambio dietario Xerais 2018
     
    Xerais
    No disponible

    9,80 €9,31 €

  • Fantasmas no corredor -5%
    Titulo del libro
    Fantasmas no corredor
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor est...
    No disponible

    10,50 €9,98 €

  • Fafarraios -5%
    Titulo del libro
    Fafarraios
    Sánchez García, Gloria
    Xerais
    No disponible

    5,50 €5,23 €

  • O meu cole -5%
    Titulo del libro
    O meu cole
    Sierra i Fabra, Jordi
    Xerais
    ¡As oito da mañá. Despois de lavarme e almorzar, vou ao cole. Cada día  fago amigos e aprendo moitas cousas...
    No disponible

    6,60 €6,27 €

  • (G).(08).LER 3.CARTILLA (PAPAPAPU) (XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(08).LER 3.CARTILLA (PAPAPAPU) (XERAIS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,80 €