Ten o seu punto a fresca rosa

Ten o seu punto a fresca rosa

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025338
ISBN:
978-84-8302-533-8
Páginas:
296
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Descuento:

-5%

Antes:

16,65 €

Despues:

15,82 €
IVA incluido

En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres:  Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e  pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título  tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel  dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

Otros libros del autor en Sernel

  • A orella no buraco -5%
    Titulo del libro
    A orella no buraco
    Queizán Vilas, María Xosé
    Galaxia
    A orella no buraco é o relato do vagar dun personaxe marxinal por unha  cidade europea. Pero ademais diso é u...
    No disponible

    9,80 €9,31 €

  • A homosexualidade a debate -5%
    Titulo del libro
    A homosexualidade a debate
    Buxán Bran, Xosé M.;Chao Rego, Xosé;Queizán, María Xosé;Santos, Nanina;Suárez Briones, Beatriz
    Xerais
    "Hai que saír do armario", é unha das frases máis manexadas nos últimos anos por gais e lesbianas. Pero ¿C...
    No disponible

    8,25 €7,84 €

  • Racionalismo político e literario -5%
    Titulo del libro
    Racionalismo político e literario
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na c...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • Evidencias -5%
    Titulo del libro
    Evidencias
    Queizán Vilas, María Xosé
    Xerais
    En Evidencias recóllense algúns traballos daqueles libros hoxe esgotados, pero amplíase noutros máis: o mun...
    No disponible

    11,95 €11,35 €

  • Metáfora da metáfora -5%
    Titulo del libro
    Metáfora da metáfora
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como  forma de poder e, en última inst...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

Xerais en Sernel