Vacacións 4 anos pompas de xabón

Vacacións 4 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148502
Año de edición:
Materia
CUADERNOS DE VACACIONES
ISBN:
978-84-9914-850-2
Páginas:
58
Idioma:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
305
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

Descuento:

-5%

Antes:

14,50 €

Despues:

13,78 €
IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en Sernel

Xerais en Sernel

  • LUNS -5%
    Titulo del libro
    LUNS
    Nº 410
    Ríos, Eli
    Xerais
    Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €18,53 €

  • Máis contos de animais, II -5%
    Titulo del libro
    Máis contos de animais, II
    Miranda Ruíz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    A colección Cabalo buligán reúne con¡tos da nosa tradición oral, son as no¡sas historias, a nosa cultura....
    No disponible

    10,95 €10,40 €

  • Merlín e a súa historia -5%
    Titulo del libro
    Merlín e a súa historia
    Gutiérrez García, Santiago
    Xerais
    Merlín, o máis sonado dos encantadores artúricos, agacha tras de si unha personalidade complexa -á vez prof...
    No disponible

    21,90 €20,81 €

  • Crónicas da verdade oculta -5%
    Titulo del libro
    Crónicas da verdade oculta
    Calders Rossinyol, Pere
    Xerais
    Unha man humana, recén cortada, aparece misteriosamente nun xardín de casa grande; unha persoa esqueceu as ch...
    No disponible

    9,50 €9,03 €

  • Setestrelo -5%
    Titulo del libro
    Setestrelo
    Esteban, Manuel
    Xerais
    Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en s...
    No disponible

    13,50 €12,83 €