A cor do ceo

A cor do ceo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024133
ISBN:
978-84-8302-413-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Desconto:

-5%

Antes:

20,60 €

Despois:

19,57 €
IVE incluído

A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creacións máis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, de aventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que  son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde se encontran as almas, pola sinfonía dun novo mundo, para rematar en "Galicia, mon amour". No CD recóllese a dramatización dalgúns dos relatos, a cargo dun longo plantel de actores galegos. Os textos de Braxe nas voces de Tuto Vázquez, Rosa Alvarez, Miguel Pernas, Antonio F. Simón, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Laura Sarasola, Gonzalo M. Uriarte, María Bouzas, Manuel Rivas, Víctor Lorenzo e Nazah e Sanaila Braxe.Para Manuel Rivas, autor do prólogo do libro "¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende  a vidiña. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento."

Outros libros do autor en Sernel

Xerais en Sernel

  • Bosque das antas, o -5%
    Titulo del libro
    Bosque das antas, o
    Fernández Naval, Francisco Xosé
    Xerais
    No disponible

    11,25 €10,69 €

  • DEBAIXO DUN PARASOL -5%
    Titulo del libro
    DEBAIXO DUN PARASOL
    Nº 263
    Arias Correa, Azucena
    Xerais
    Despois do longo inverno xa é posible sentir o cheiro salgado e húmido  da praia, a pesar de haber tanta xent...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Acendede as almenaras -5%
    Titulo del libro
    Acendede as almenaras
    Graña, Bernardino
    Xerais
    Acendede as almenaras é un poemario co que Bernardino Graña grava un testemuño de emoción e vibración ante...
    No disponible

    16,95 €16,10 €

  • O son das buguinas -5%
    Titulo del libro
    O son das buguinas
    Aleixandre, Marilar;Alfaya, An;Alonso, Fran;Aneiros, Rosa;Fernández Paz, Agustín;Reimóndez, María;Ruíz, Dolores
    Xerais
    O son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha Org...
    No disponible

    22,45 €21,33 €

  • A narrativa galega actual (1975-1984) -5%
    Titulo del libro
    A narrativa galega actual (1975-1984)
    González Millán, Xoán
    Xerais
    E innegable a existencia dunha vontade de innovación narrativa nos anos previos á morte do xeneral Franco. Se...
    No disponible

    18,35 €17,43 €