A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)
 IBD

A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875161
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-516-1
Páxinas:
158
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Desconto:

-5%

Antes:

14,96 €

Despois:

14,21 €
IVE incluído
Comprar

Título: A revolución en marcha.
Subtítulo: Decretos e proclamas da comuna de París(Setembro 1870-Maio 1871)
"...se algunha aprendizaxe  é posible extraer da Comuna é que a abolición do Estado non significaría a súa «extinción na simple xestión racional do social», senón «a posta en deliberación permanente do público» (Daniel Bensaïd). É dicir, a construción dun espazo dialéctico, dun espazo atravesado por tensións múltiples, e polo tanto aberto e liberado. A diferenza do falansterio, a Comuna non precisou proxectarse a si mesma  no futuro. E na medida en que foi realmente posible, na medida en que  nela o ideal da emancipación humana tivo lugar dun xeito efectivo, deixou tras dela un inxente rastro material. A este rastro pertence a extraordinaria produción imaxinaria que foi quen de xerar, dende os textos a pé de obra que recolle esta escolma ao documental de Peter Watkins, pasando polas palabras dos poetas, dos filósofos e dos novelistas, incluído o Émile Zola do Ventre de París. Escrita logo do abatemento da Comuna, Rancière ve na súa aparición o lugar dunha nova reordenación do sensible, un lugar que «celebra a épica das coles, a Ã©pica dunha nova beleza que opón á arquitectura de ferro de Les Halles  e as moreas de legumes que contén, á vella beleza sen vida simbolizada pola veciña igrexa gótica». Porque a Comuna, en suma, existiu, e foi quen de transformalo todo ao seu paso, tanto a política  como a estética, até o punto de que a súa lóxica non pode ser a da utopía, senón a do espectro. A Comuna non di «isto será posible», senón «isto foi posible» e a certeza da súa existencia anterior cifra a medida de calquera esperanza futura. A Comuna non pode ser replicada, pero pensar en todo o que supuxo é unha das formas nas que o pasado conflúe coa esperanza".
María do Cebreiro

Materia en Sernel

Laiovento (ibd) en Sernel

  • BANQUEIROS
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    BANQUEIROS
    VV.AA - Francisco Pillado Mayor (Coord.)
    Laiovento (ibd)
    Parece evidente que, cando falamos de "crise", estamos a empregarun vulgar eufemismo tras o que se agacha un ca...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €19,00 €

  • NOVAS CRÓNICAS DUNHA TRANSICIÓN INTRANSIXENTE (1977-1988)
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    NOVAS CRÓNICAS DUNHA TRANSICIÓN INTRANSIXENTE (1977-1988)
    Manuel Lueiro Rey
    Laiovento (ibd)
    Imponse trazar unha liña unívoca, bidireccional, entre as prosas ou cró¬nicas que viron a luz en El País p...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,00 €13,30 €

  • Conecta co íntimo
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Conecta co íntimo
    Nº 21
    Otero, David
    Laiovento (ibd)
    "... e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de "conecta co íntimo". E así a comp...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €

  • Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
    Salvador Francisco Roel
    Laiovento (ibd)
    O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado n...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,50 €16,63 €

  • O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
    José Rodríguez Cruz
    Laiovento (ibd)
    Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.Atopar un...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €9,50 €