A viaxe de meu pai

A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411105019
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-10501-9
Páxinas:
512
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua

Desconto:

-5%

Antes:

22,95 €

Despois:

21,80 €
IVE incluído
Comprar

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a  perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non  é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que  condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica,  contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a  Guerra Civil española.

Outros libros do autor en Sernel

Xerais en Sernel

  • Rock bravú -5%
    Titulo del libro
    Rock bravú
    Valiño García, Xavier
    Xerais
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • Santos e barcos de pedra -5%
    Titulo del libro
    Santos e barcos de pedra
    Alonso Romero, Fernando
    Xerais
    No disponible

    10,75 €10,21 €

  • Liña non quería ser nena -5%
    Titulo del libro
    Liña non quería ser nena
    Calleja, Seve
    Xerais
    A tía Juli e os seus sobriños coidaban a cadeliña Liña como se fose unha nena. ¡Pero Liña non quere ...
    No disponible

    3,05 €2,90 €

  • (G).(08).CADERNO LINGUA GALEGA 2º.ESO
    Titulo del libro
    (G).(08).CADERNO LINGUA GALEGA 2º.ESO
    Orizales Orizales, Emiliano
    Xerais
    No disponible

    9,84 €

  • A materialidade das fillas de Lupa -5%
    Titulo del libro
    A materialidade das fillas de Lupa
    Otero, Inma
    Xerais
    Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre tod...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €19,90 €