Antón Avilés de Taramancos (1935-1992)

Antón Avilés de Taramancos (1935-1992). Unha fotobiografía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475073781
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-7507-378-1
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

51,50 €

Despois:

48,93 €
IVE incluído

Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña o 22 de marzo de 1992. En 1961 exiliouse en  Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país. Avilés de Taramancos, publicou os poemarios "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1959), "O tempo no espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), "As torres no ar" (1989) e "Ultima fuxida a Harar" (1992); ademais do libro de relatos "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais 2003) e da peza infantil "Tres capitáns de tempos idos" (Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa foron recollidas en "Obra viva" (1992). Antón Avilés de Taramancos. Unha fotobiografía (1935-1992) ofrece un singular percorrido fotobiográfico sobre a figura humana e literaria que Galicia homenaxea este 17 de maio. Preparada coidadosamente por María Dolores Arxóns Alvarez e X.Lois Agrelo Hermo, amigos persoais e biógrafos do poeta, a presente fotobiografía ofrece máis de douscentos  documentos gráficos (fotografías, programas, textos manuscritos...) e  textos literarios, ordenados cronoloxicamente, e, en boa parte, ata agora inéditos, que constitúen o máis amplo álbum documental sobre a figura de Antón Avilés de Taramancos. Percorrido fotobiográfico iniciado na súa aldea natal de Taramancos (1935-1953), que continúa no  seu tempo de formación e bohemia na Coruña (1953-1961), que se ensancha no seu perído en Colombia, a súa patria acolledora (1961-1980), que conclúe en Noia, a súa patria recuperada (1980-1992).  Percorrido visual, precedido polo ensaio "Antón Avilés, o sentimento fabulador da terra", preparado polo seu amigo e coetáneo xeracional o académico Salvador García-Bodaño Zunzunegui.O volume complétase cunha completa cronoloxía e unha bibliografía de e sobre Antón Avilés.

Materia en Sernel

  • LAS HIJAS DE LA MEMORIA
    Antigo
    -5%
    Titulo del libro
    LAS HIJAS DE LA MEMORIA
    MOUSTAKI, GEORGES
    Editorial gedisa
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    7,28 €6,92 €

  • EL CONDE DE GUADALHORCE -5%
    Titulo del libro
    EL CONDE DE GUADALHORCE
    Nº 5332
    MARTIN GAITE,CARMEN
    Tabla rasa. libros y ediciones
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,44 €12,77 €

  • La gran desmemoria: lo que Suárex olvidó y el Rey prefiere no recordar -5%
    Titulo del libro
    La gran desmemoria: lo que Suárex olvidó y el Rey prefiere no recordar
    Urbano, Pilar
    Planeta
    Tras el éxito rotundo de El precio del trono,Pilar Urbano hace un valiente ejercicio de investigación para ac...
    No disponible

    25,90 €24,61 €

  • LAS CONFESIONES DE ALEISTER CROWLEY -5%
    Titulo del libro
    LAS CONFESIONES DE ALEISTER CROWLEY
    Crowley, Aleister
    Valdemar
    Si hay un personaje en la historia reciente que merezca el calificativo de «más grande que la vida», cuya no...
    No disponible

    35,00 €33,25 €

  • LYZ TAYLOR
    Antigo
    -5%
    Titulo del libro
    LYZ TAYLOR
    Nº 4106
    HEYMANN, C. DAVID
    Ediciones b
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    18,72 €17,78 €

Xerais en Sernel