BREVE HISTORIA DA CORUÑAia)

BREVE HISTORIA DA CORUÑAia)

Editorial:
Baia
EAN:
9788496893450
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-96893-45-0
Páxinas:
128
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
RETALLOS NOSA HISTORIA

Desconto:

-5%

Antes:

11,06 €

Despois:

10,51 €
IVE incluído
Comprar

Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto. Non pretende servir como introdución a outros estudos de maior densidade, aínda que os recomende e deles se alimente.
 
 Este libro enténdese como un paseo pracenteiro pola cidade. Vai na axuda do cidadán curioso que, no medio da trasfega cotiá, ten un momento para deterse e preguntarse polo sentido das rúas, das prazas, dos edificios: polo seu propio sentido. Por iso nos esforzamos por xunguir a historia da cidade aos nomes dos lugares, á configuración dos barrios e á lembranza das persoas senlleiras que neles habitaron. 
 
 O segundo dos propósitos deste libro é o de situar a cidade no seu contexto galego e galeguista. Asumimos sen discusión que non se pode negar á Coruña a súa longa vinculación co resto de Galiza e o seu traballo a prol da cultura e da política galegas. Desde este punto de partida queremos percorrer a cidade; queremos ver nela o que queda do que foi e o que aínda se pode imaxinar na memoria colectiva e por baixo dos disfraces das construcións e dos costumes novos cos que a modernidade a miúdo trata de esquecer o pasado.

Materia en Sernel

Baia en Sernel

  • A casa máis animada do mundo -5%
    Titulo del libro
    A casa máis animada do mundo
    Sáez Cazallas, Cristina
    Baia
    Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do qu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,06 €10,51 €

  • Guía mamiferos de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Guía mamiferos de Galicia
    Silvar, Carlos
    Baia
    Gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado dos III Premios da Edición de Galicia. O galar...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,55 €15,72 €

  • As estrelas de cores -5%
    Titulo del libro
    As estrelas de cores
    Canals, Mireia
    Baia
    Ana e Xabier son os protagonistas desta historia, na que conseguiron averiguar que a alegría é como estrelas ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    7,16 €6,80 €

  • 2025 -5%
    Titulo del libro
    2025
    BAIA
    Baia
    Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada...
    No disponible

    22,00 €20,90 €

  • AS FAUCES FEROCES -5%
    Titulo del libro
    AS FAUCES FEROCES
    Nº 38
    Pedreira Lombardia, Emma
    Baia
    Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimizac...
    No disponible

    14,35 €13,63 €