Cantigueiro de Compostela

Cantigueiro de Compostela

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411764124
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-76412-4
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
160
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago

Desconto:

-5%

Antes:

17,50 €

Despois:

16,63 €
IVE incluído
Comprar

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco. Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo. Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral. Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos  prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon  e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Outros libros do autor en Sernel

Galaxia en Sernel

  • TEMPO DE INCERTEZAS -5%
    Titulo del libro
    TEMPO DE INCERTEZAS
    Nº 82
    ALAIN-G. GAGNON
    Galaxia
    Por múltiples razóns, as nacións minoritarias en busca de recoñecemento e de homologación teñen que super...
    No disponible

    23,55 €22,37 €

  • Os saberes tradicionais dos galegos -5%
    Titulo del libro
    Os saberes tradicionais dos galegos
    Fidalgo Santamariña, Xosé Antonio
    Galaxia
    Premio Táboada Chivite. Concello de Verín 1998. A principal novidade que achega este libro de Xosé Antonio F...
    No disponible

    3,00 €2,85 €

  • Estatuto de autonomía de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Estatuto de autonomía de Galicia
     
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    4,90 €4,66 €

  • As rulas de Bakunin -5%
    Titulo del libro
    As rulas de Bakunin
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    Premio García Barros 2000 As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. A...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,00 €19,95 €

  • Endrina e o segredo do peregrino -5%
    Titulo del libro
    Endrina e o segredo do peregrino
    Nº 130
    Lopez Narvaez, Concha
    Galaxia
    Onde irá aquel romeiro... meu romeiro onde irá...Camiño de Copmpostela, van dous camiñantes. Un é vello e ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,05 €15,25 €