Dicionario dos seres míticos galegos

Dicionario dos seres míticos galegos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411100724
Ano de edición:
Materia
MITOLOX?A E ARQUEOLOX?A
ISBN:
978-84-11-10072-4
Páxinas:
280
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
205
Alto:
270
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
EDICIONS SINGULARES

Desconto:

-5%

Antes:

39,95 €

Despois:

37,95 €
IVE incluído
Comprar

O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos,  ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.
 O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no bergantín pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte; enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

Outros libros do autor en Sernel

  • Contos marabillosos II -5%
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Contos marabillosos I -5%
    Titulo del libro
    Contos marabillosos I
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,35 €9,83 €

  • O caracol Remoldiño -5%
    Titulo del libro
    O caracol Remoldiño
    Cuba, Xoán R.
    Xerais
    Tres amigos mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,95 €9,45 €

  • Diccionario dos seres míticos galegos -5%
    Titulo del libro
    Diccionario dos seres míticos galegos
    Reigosa, Antonio / Miranda Ruiz, Xosé / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade d...
    No disponible

    43,30 €41,14 €

  • Pequena mitoloxía de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Pequena mitoloxía de Galicia
    Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio;Cuba, Xoán R.
    Xerais
    Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do...
    No disponible

    30,75 €29,21 €

Materia en Sernel

Xerais en Sernel