Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824200
Ano de edición:
Materia
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-9782-420-0
Páxinas:
544
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
164
Alto:
222
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
DICCIONARIOS

Desconto:

-5%

Antes:

34,50 €

Despois:

32,78 €
IVE incluído

O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeira nun único volume a presentación do vocabulario normativo galego e das normas ortográficas  e morfolóxicas da lingua galega. Así na primeira parte, dedicada ao vocabulario, preséntase con claridade as formas normativas con indicación gramatical, remisión de formas sinónimas e indicación de formas incorrectas de uso frecuente. Canto ás normas ortográficas e morfolóxicas, que constitúen a segunda parte do dicionario, optouse para achegalas ao público consultor dun xeito simplificado e claro, ordenado alfabeticamente para unha mellor localización da cuestión obxecto de consulta. Así, o plural, o feminino, a acentuación, o artigo... poden localizarse de xeito máis rápido que buscándoos dentro de epígrafes máis xenéricas ás que ás veces o consultor non sabe dirixirse. Ademais, en poucas páxinas, ofrécese extractado, pero de forma completa, un dicionario de verbos co que todos eles poderán ser conxugados con seguridade, sen necesidade de introducirse na complexa teoría xustificatoria. A maiores, a obra ofrece tamén cuestións non puramente ortográficas ou morfolóxicas, pero sen dúbida de grande interese e consulta, como poden ser a colocación dos pronomes átonos na frase ou o nomenclátor oficial da toponimia, ou o uso de distintos signos, entre eles os de puntuación, ou a determinación de casos dubidosos de xénero. O Dicionario Ortográfico da Lingua Galega convértese no consultor ortográfico de máis alta fiabilidade no momento actual, polo que se refire ao vocabulario da nosa lingua, e no de máis doada consulta das normas ortográficas e morfolóxicas que a rexen, sen que por iso se perda nesa parte a máis mínima rigorosidade, e, en conxunto, sumados ambos capítulos, no máis completo.

Outros libros do autor en Sernel

Materia en Sernel

Xerais en Sernel

  • O brillo dos elefantes -5%
    Titulo del libro
    O brillo dos elefantes
    Alonso, Fran
    Xerais
    No disponible

    10,40 €9,88 €

  • Dona Problemas -5%
    Titulo del libro
    Dona Problemas
    O Hematocrítico
    Xerais
    A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

  • HISTORIA DO ADN -5%
    Titulo del libro
    HISTORIA DO ADN
    SOUTULLO, DANIEL
    Xerais
    Este libro trata sobre os principais acontecementos na historia do ADN, desde o seu descubrimento, no século X...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €14,73 €

  • GALICIA EN BUS -5%
    Titulo del libro
    GALICIA EN BUS
    Nº 54
    Reimóndez, María
    Xerais
    " Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colect...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • O meu primeiro Celso Emilio -5%
    Titulo del libro
    O meu primeiro Celso Emilio
    Lastra Pernas, Xiana;Lastra Muruais, Xosé
    Xerais
    Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha pers...
    No disponible

    17,50 €16,63 €