Desconto:
-5%Antes:
Despois:
30,35 €O cambio lingüÃstico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruÃr a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüÃstico desde un pasado adoito remoto ata o presente, asà como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron.
Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latÃn que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un perÃodo moi extenso cuxa exposición non podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temos sobre o latÃn galaico e o protorromance galego aÃnda non nolo permite. O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galego medio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que vive certamente asediado por graves problemas, mais sostido por un grupo social aÃnda numeroso e en condicións de desempeñar todo tipo de funcións comunicativas.