O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023167
ISBN:
978-84-8302-316-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

Desconto:

-5%

Antes:

20,60 €

Despois:

19,57 €
IVE incluído

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade  arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por  fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo  envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto  a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga  de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.

Xerais en Sernel

  • A vinganza dos homes bos -5%
    Titulo del libro
    A vinganza dos homes bos
    Esteban, Manuel
    Xerais
    A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €18,95 €

  • Astérix Gladiador -5%
    Titulo del libro
    Astérix Gladiador
    Goscinny, René Uderzo, Albert
    Xerais
    Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada po...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • Anamarciana: Vacacións en Europa -5%
    Titulo del libro
    Anamarciana: Vacacións en Europa
    Varela Ferreiro, Alberto
    Xerais
    Animado polo éxito de crítica e público do primeiro libro de Anamarciana (Premio Lecturas 2001 da Asociació...
    No disponible

    8,10 €7,70 €

  • Ringo. Memorias dun coello fedello -5%
    Titulo del libro
    Ringo. Memorias dun coello fedello
    Nogueira, Pablo
    Xerais
    Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do  mago Leo. A causa dun erro na execuci...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €12,83 €

  • A dúbida -5%
    Titulo del libro
    A dúbida
    Reimóndez, María
    Xerais
    Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un pr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €18,53 €