O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía
 IBD

O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873433
Materia
POLITICA
ISBN:
978-84-8487-343-3
Páxinas:
180
lingua:
CASTELLANO
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Desconto:

-5%

Antes:

16,64 €

Despois:

15,81 €
IVE incluído
Comprar

Os acordos da Organización Mundial do Comercio e os Tratados de Libre
Comercio bilaterais ou rexionais responden á lóxica xeopolítica da
expansión mundial do capitalismo, permitindo que as transnacionais e
os conglomerados fi nanceiros conten cun sistema universal de control
económico, a través de obras de enxeñería xurídica que operan como
un búnker contra todo aquelo que cuestione  ás regras do libre mercado.
O Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP), en negociación
opaca pola Unión Europea e os Estados Unidos, responde a esa
lóxica, en que se inclúe o Acordo Económico e Comercial Global (CETA)
xa negociado -tamén con total opacidade- pola Unión Europea e Canadá.
A súa aprobación implicará un golpe brutal á soberanía dos Estados
(moitos deles xa intervidos  economicamente), ao quedar supeditada aos
desexos das transnacionais (blindadas con medios privados de solución
de confl itos ad hoc), provocando ademais un retroceso inédito nos nosos
dereitos económicos, sociais, alimentarios e ambientais máis elementais e
unha nova xeira de privatizacións e depredacións do Público.
Para Galiza, nación sen Estado, é un novo perigo na resolución dos
nosos problemas desde a nosa propia capacidade de decisión e para vivirmos
das nosas propias riquezas. Un cabalo de troia ao que se enfronta
este libro con argumentos críticos á lóxica xeopolítica da globalización do
capitalismo (imperialismo) e  cimentados na aposta democrática do dereito
a decidir das persoas e dos pobos en que estas se integran (soberanía).

Materia en Sernel

Laiovento (ibd) en Sernel

  • Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega
    Carlos López Bernárdez
    Laiovento (ibd)
    Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolv...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €14,25 €

  • G
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    G
    Diego Cousillas Novo
    Laiovento (ibd)
    GHYJWKGreguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €

  • Conecta co íntimo
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Conecta co íntimo
    Nº 21
    Otero, David
    Laiovento (ibd)
    "... e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de "conecta co íntimo". E así a comp...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €

  • AS INXUSTIZAS DO CASÓN
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    AS INXUSTIZAS DO CASÓN
    Tamara García
    Laiovento (ibd)
    ?E un relato fascinante, escrito con sinxeleza e frescor, que arrecende a salseiro do mar. Coa axilidade da cr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €19,00 €

  • O restos do franquismo en Galiza
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O restos do franquismo en Galiza
    Mauel Monge González
    Laiovento (ibd)
    Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquista...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €28,45 €