Rosalía 21

Rosalía 21

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497828802
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-880-2
Páxinas:
312
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
205
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
XUNTA DE GALICIA

Desconto:

-5%

Antes:

24,25 €

Despois:

23,04 €
IVE incluído

O proxecto Rosalía 21, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural e coordinado por Anxo Angueira, ten tres principais  realizacións, as tres complementarias: un espectáculo audiovisual baseado na imaxe e na palabra, na poesía e na música; un disco coas gravacións base dese espectáculo e o presente libro. Os tres soportes participaron coordinadamente dun repertorio temático común que tiñan que ver con nove grandes eixos temáticos: a terra, a casa, a emigración, a muller, a sombra, os miserábeis, a revolución, a alborada e Rosalía poeta nacional. No presente libro, para cada apartado propúxoselle a unha persoa a realización dun ensaio. Así Victoria Alvarez Ruíz de Ojeda realizou dúas achegas biográficas; María López Sández aborda "Rosalía e a paisaxe galega"; Iria Sobrino Freire analiza "Os prólogos a Cantares Gallegos e Follas Novas, manifestos por unha cultura da resistencia"; Nancy Pérez Rey estuda "Rosalía de Castro e a emigración. A poeta e Cuba"; Xabier Cordal Fustes revisa as estratexias políticas da autora no traballo "Rosalía de Castro: un método para a liberación"; Daniel Salgado é autor de "Corazón de aceiro: cinco notas sobre o político en Rosalía de Castro"; María do Cebreiro escribe sobre "Rosalía de Castro ou a produción do infinito"; Iago Castro Buerguer fala de "Rosalía de Castro: transgresión e feminismo"; María Reimóndez estuda as traducións e recepción de Rosalía fóra de Galicia; e, por último, Anxo Angueira, editor do volume escribe o traballo "Algunhas visións de Rosalía de Castro", onde se intenta ofrecer unha sucinta visión das  consideracións que historicamente se fixeron de Rosalía, como escritora e icona. O libro inclúe, ademais, unha viaxe fotográfica preparada por Uqui Permui, que tamén se ocupou do deseño e maquetación  do libro. As traducións foron realizadas por Xabier Xil Xardón (español), María Reimóndez (inglés) e Emma Lázare e Denise Peyroche (francés).

Outros libros do autor en Sernel

Materia en Sernel

Xerais en Sernel

  • Nación, literatura, identidade -5%
    Titulo del libro
    Nación, literatura, identidade
    Figueroa Lorenzana, Antonio
    Xerais
    Como a figura artística no tapiz, os textos literarios vanse urdindo na trama social. Sen embargo, o texto e o...
    No disponible

    15,30 €14,54 €

  • MARÍA VICTORIA MORENO -5%
    Titulo del libro
    MARÍA VICTORIA MORENO
    Nº 267
    Aleixandre, Marilar;Casalderrey, Fina
    Xerais
    Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre  ofrecen un fermoso retrato...
    No disponible

    13,95 €13,25 €

  • (G).(11).LER 1.CARTILLA (XARDIN LETRAS)
    Titulo del libro
    (G).(11).LER 1.CARTILLA (XARDIN LETRAS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,95 €

  • De Pondal a Novoneyra -5%
    Titulo del libro
    De Pondal a Novoneyra
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    No disponible

    20,00 €19,00 €

  • BEIXOS DE LINGUA -5%
    Titulo del libro
    BEIXOS DE LINGUA
    Nº 49
    Barreiro, Paco
    Xerais
    Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten con...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €13,78 €