UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO

UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO

Editorial:
Usc.univ.santiago compostela
EAN:
9788416954926
Ano de edición:
Materia
F?SICA E QU?MICA
ISBN:
978-84-16954-92-6
Páxinas:
296
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

15,00 €

Despois:

14,25 €
IVE incluído
Comprar

Os clásicos -da literatura e a ciencia, da pintura, da música...- provocan tan intensa sensación de inexorabilidade, tal certeza de que tarde ou cedo serían escritos, pintados ou compostos, que un mundo sen  eles resulta inconcibible. É coma se sempre existisen. Malia recoñecerlles unha data de nacemento, persiste a sospeita de que xa estaban alí e os seus creadores apenas se limitaron a escribir, pintar  ou compoñer sobre trazos preexistentes. Rozan cotas de perfección que  as fan case inhumanas e constitúen puntos de inflexión na historia da  cultura que xeran novos paradigma. Este é o caso d'Unha breve historia do tempo, unha obra fundacional, que semella non beber de fonte algunha nin estar contaminada pola influencia de textos anteriores; unha obra na que Stephen Hawking senta as bases do que habería de ser a divulgación científica para centos de libros posteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxe accesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira como polo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais. Ninguén mellor ca Hawking para afrontar o desafío de escribir a maior e máis enigmática das biografías: a do Universo observable; do nacemento, o devir e a morte do espazo-tempo. Lonxe de facelo como un historiador fóra de escena, que coñece todos os detalles e se limita a  expoñelos con erudición, Hawking detense fronte ás preguntas máis perentorias e difíciles, debullándoas con profunda intelixencia e xuvenil desenvoltura: como naceu o tempo? Por que o Universo ten estrutura? Que ocorre con aquilo que cae nos buratos negros? No ano do  falecemento de Hawking, a colección Clásicos do Pensamento Universal enriquécese incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da  ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebres best-sellers do século XX.

Outros libros do autor en Sernel

  • La gran ilusión -5%
    Titulo del libro
    La gran ilusión
    Hawking, Stephen
    Critica
    El profesor Hawking ha tomado en sus manos la comprometida tarea de seleccionar y presentar, con su propia opin...
    No disponible

    25,90 €24,61 €

  • Historia del tiempo -5%
    Titulo del libro
    Historia del tiempo
    Hawking, Stephen W.
    Alianza
    " Historia del tiempo " es un libro de divulgación sobre el espacio y el tiempo escrito por uno de l...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €15,15 €

  • Tú y el universo -5%
    Titulo del libro
    Tú y el universo
    Nº 02
    Hawking, Stephen
    Oceano travesia
    Todos somos viajeros en el tiempo viajando juntos hacia el futuro. Pero trabajemos para hacer de ese futur...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,96 €14,21 €

  • Breve historia del tiempo -5%
    Titulo del libro
    Breve historia del tiempo
    HAWKING,STEPHEN
    Penguin
    No disponible

    10,75 €10,21 €

  • La clau secreta de l'univers -5%
    Titulo del libro
    La clau secreta de l'univers
    Nº 105246
    Hawking,Stephen / Hawking,Lucy
    Montena
    El genial Stephen Hawking i la seva filla Lucy ens ensenyen els secrets de l'univers. La família de George és...
    No disponible

    19,95 €18,95 €

Materia en Sernel

Usc.univ.santiago compostela en Sernel