Veciñas do home. Guía das aves urbanas de Galicia

Veciñas do home. Guía das aves urbanas de Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077307
ISBN:
978-84-7507-730-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
MONTES E FONTES GUIAS NATUREZA

Desconto:

-5%

Antes:

29,40 €

Despois:

27,93 €
IVE incluído

Un cativo correndo tralas pombas. Un vello, tódolos días á mesma hora,  botándolles faragullas de pan ós pardais. Unha nai, fermosa e aburrida, sentada nun banco do xardín, sentindo o canto do merlo que trae a primavera. O naturalista que descobre un falcón pequeno acelerando tras dos anduróns. Un rapaz que se pregunta cal é ese paxariño pardo, rechoncho e de cola curta e ergueita que se move polas  sebes. E tamén as gaivotas dos basureiros urbanos, que comparten espacio cos gabiáns, os corvos, as pegas ou mesmo as aves dos estanques.¿Quen son e de onde saen todas estas aves? Veciñas do home. Aves Urbanas de Galicia ofrécelle ó lector unha perspectiva distinta:a  de todas esas aves que tamén se moven nese terreo inhóspito, ermo, de  rúas e casas, de tráfico e barullo, no que os parques e xardíns funcionan coma un oasis apetecible. Paxaros que se adaptaron a ese medio, e do que algunhas especies aprenderon, mesmo, a sacar innegables vantaxes.Desde os pardais ás pombas, desde as rulas ós corvos, desde as gaivotas ó pimpín, desde o merlo á cegoña, desde a coruxa ós estorniños, desde os peneireiros ó carrizo, desde a pega ó moucho, desde as andoriñas ó gabián.Xa sabemos que existen; agora coñeceremos as súas formas, cores e costumes.

Xerais en Sernel

  • COMPAS 4O.COÑECEMENTO MEDIO XERCOÑ
    Titulo del libro
    COMPAS 4O.COÑECEMENTO MEDIO XERCOÑ
     
    Xerais
    No disponible

    20,50 €

  • Brrumm-Brrumm -5%
    Titulo del libro
    Brrumm-Brrumm
    Varela Ferreiro, Alberto
    Xerais
    Hai moito, moitísimo tempo, existía un mundo onde os coches eran os donos do mundo. Para que os automóbiles ...
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • Náufragos en terra -5%
    Titulo del libro
    Náufragos en terra
    Martínez Oca, Xosé Manuel
    Xerais
    Náufragos en terra está constituído por seis relatos, " A presencia " , " Cari " , "...
    No disponible

    12,50 €11,88 €

  • O lobo e os sete cabuxos -5%
    Titulo del libro
    O lobo e os sete cabuxos
    Grimm, Jacob;Grimm, Wilhelm
    Xerais
    Había unha vez unha cabra vella que tiña sete cabuxos e queríaos como só unha nai pode querer os seus fillo...
    No disponible

    6,70 €6,37 €

  • A casa do amo -5%
    Titulo del libro
    A casa do amo
    Reimóndez, María
    Xerais
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crí...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €