Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páxinas:
224
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

18,45 €

Despois:

17,53 €
IVE incluído

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en Sernel

  • Mal de escola -5%
    Titulo del libro
    Mal de escola
    Pennac, Daniel
    Xerais
    Daniel Pennac, na liña narrativa de Coma unha novela (Xerais 1993), aborda en Mal de escola a cuestión da esc...
    No disponible

    24,50 €23,28 €

  • 10.000 millas de andar na bici -5%
    Titulo del libro
    10.000 millas de andar na bici
    Cid, Xabier
    Xerais
    Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €

  • O ceo dos afogados -5%
    Titulo del libro
    O ceo dos afogados
    Castro, Francisco
    Xerais
    Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planet...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    14,90 €14,16 €

  • Un segredo -5%
    Titulo del libro
    Un segredo
    Llanes Bermejo, Ana María / Villanes, Carlos
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €3,90 €

  • DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO -5%
    Titulo del libro
    DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO
    QUEIXAS ZAS, MERCEDES
    Xerais
    Un poema é un ser vivo que anda.  Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirm...
    No disponible

    11,95 €11,35 €